jueves, 13 de septiembre de 2012

Grupo de Desenvolvemento Rural


Somos un Grupo de Desenvolvemento Rural, é dicir, unha entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión do Programa de axudas europeo denominado Leader.
 
Este programa conta cunha serie de fondos para fomentar o desenvolvemento do rural a través da mellora das condicións de vida e traballo das persoas, a creación de emprego e riqueza, a preservación do medio e o uso sostible dos medios naturais.
 
Existen 31 Grupos en toda Galicia, nós, o GDR Ulla Tambre Mandeo, contamos cun ámbito de actuación que engloba dez concellos: Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilsantar.
 
Xa que dedicamos os nosos esforzos ó ámbito rural, é normal que as persoas do ámbito urbano non nos coñezades. Podes ver a nosa actualidade e coñecer as nosas actividades consultando o noso blog:
 
 
Por que?
 
Precisamente pensando na riqueza do noso territorio en produtos locais (xa sexan verduras, produtos lácteos ou carne da mellor calidade), nas dificultades que teñen os nosos produtores para unha correcta comercialización e na necesidade que temos todos os galegos dunha correcta alimentación; a Xunta Directiva do GDR decidiu realizar unha acción de apertura de mercado, nesta ocasión, dedicada ós nosos produtos da horta.
 
Como?
 
Como sabes, o vindeiro 15 de setembro teremos a xornada de Citas Express. Consiste en coñecer durante 30 minutos a seis horticultores distintos do noso territorio. Durante estas "citas" os nosos produtores informarante de todos os detalles do cultivo, produción, recolección e venta das súas verduras ó tempo que degustas unha deliciosa tapa elaborada cos mesmos... quererás repetir!!
 
A continuación, se os nosos horticultores te convencen, poderás cumprimentar un formulario para poder recibir estes produtos a domicilio, cunha periodicidade semanal ou quincenal e un pedido mínimo que rondará os 19€.
 
Podes atopar toda a información do evento no blog da xornada:
 
 
 
Para que?
 
Desde o GDR Ulla Tambre Mandeo queremos apoiar ós nosos agricultores para que poidan vender o seu produto de altísima calidade no territorio galego a un prezo xusto, que lles permita ter unha actividade produtiva rendible capaz de xerar emprego.
Do mesmo xeito, queremos achegar a posibilidade de mercar verduras frescas locais a aquelas persoas que, vivindo na cidade, non teñen opción de acceder a elas facilmente.
 
Só me queda agradecerche o teu interese e a túa participación, en breve, enviarémosche a túa invitación.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario